Guimarei comeza este venres tres días de festa na honra da Virxe das Dores. Ás 20.00h será a novena e, desde as 21.30h, comezará o Festival Música da Terra, no que actuarán Ailá, Faiscas da Pontraga e Tanto nos Ten. Ademais, desde esa mesma hora poderáse degustar gratuítamente vaca asada.
O sábado ás 13.00h oficiaráse unha misa cantada, á que seguirá a sesión vermú a cargo do Grupo Folclórico Decotío. Ás 22.00h arrancará a verbena cos dúos Prisma e Punto Cero.
Ás 13.00h do domingo oficiaráse unha misa cantada. A Banda de Música Municipal da Estrada amenizará a sesión vermú.

Deixar un comentario