San Andrés de Vea estará esta fin de semana de festa. Este venres honrarán ao Sagrado Corazón de Xesús e a San Antonio cunha misa solemne ás 13.30h, que estará cantada polo Coro de Tremoedo. Seguiráa a sesión vermú con Lume na Lareira. Á noite, a verbena correrá a cargo de Solara de Vigo e Alabama de Vigo.
O sábado honraráse á Virxe das Dores. Ás 13.30h oficiaráse unha misa cantada polo Coro de Tremoedo, á que seguirá un concerto da Banda de Música Cultural da Estrada. A verbena estará amenizada polo grupo Distrito 7 e pola Banda de Balibina.
Ambos días, de 18.00h a 20.00h, haberá inchables de balde.

Deixar un comentario