O bo tempo acompañará á andaina solidaria deste domingo

O bo tempo acompañará á andaina solidaria deste domingo

Este domingo A Estrada acolle unha andaina solidaria a favor dos nenos e nenas con cancro. Esta comezará ás 10.00h na Praza do Concello e terá unha lonxitude duns 5 quilómetros e unha duración dunha hora.

Percorrido da andaina // ASANOG

Desde unha hora antes poderáse recoller os dorsais ou, en caso de non estar anotado, facelo. Custará 5 euros que irán á Asociación de Axuda de Nenos Oncolóxicos de Galicia (ASANOG).

A partir das 11.15h faránse varios sorteos e actuará Stradanza. Ademais, Pablo Chichas encargaráse de dinamizar a xornada.

O tempo acompañará

Segundo a AEMET a camiñata, igual que o día, estará marcada polos ceos despexados. As temperaturas irán desde os 13º ás 9.00h ata os 22º ás 12.00h.

Previsión meteorolóxica por horas // O Xornal da Estrada

Comentarios

Deixar un comentario