Vanesa Iglesias, propietaria de Casal de Creación, denunciou ante a Garda Civil que este venres recibiu “insultos e vexacións” por parte dun home que entrou na súa tenda por motivos políticos. Comentou que lle pediu que saíra do local cando a conversa “derivou en algo no que eu non quería entrar”.
Afirmou que “sen entrar xa sabes de que pé imos”, pois na porta ten carteis de “prohibido nazis”, de rexeitamento ao machismo e de apoio ao colectivo LGBTI.

Deixar un comentario