En 2020 a Banda Municipal creaba a súa escola. Unha que, pouco a pouco, ía gañando interesados, polo que se chegou a pechar a matrícula porque non tiñan espazo suficiente para acoller as clases e a actividade da Banda Infantil, da Banda Escola, a Banda Municipal e as clases de solfexo.
A partir do 1 de outubro esa situación vai cambiar, pois van poder empregar a Escola-Taller, siuada en Figueiroa. Todos os maiores de tres anos interesados en participar nas súas clases pode chamar ao 623 35 07 31 ou enviar un correo a bandamunicipaldaestrada@gmail.com.
Imaxe de portada: Curso da Banda Municipal // Banda Municipal da Estrada

Deixar un comentario