A concellería de Novas Tecnoloxías, a través da aula CeMIT, organiza para o martes 24 de setembro e para o venres 4 de outubro dous cursos formativos en banca dixital. Serán presenciais e a súa duración será dunha hora.
O martes 24 estará centrada na interacción co banco a través da Intelixencia Artificial (IA) e comezará ás 17.00h. No caso do curso do venres 4, dará inicio ás 10.30h e fixará a súa atención no renting (aluguer por un periodo de tempo determinado) de coches e outros servizos que ofrece a banca online.
A inscrición faráse nas oficinas de A Estrada Dixital, en horario de luns a venres de 8.00 a 15.00h.


Deixar un comentario