O Concello da Estrada e a Cooperativa de Maceiras do Ulla (Ullama) asinaron un convenio polo que a institución pública lle cede á cooperativa un espazo no viveiro de empresas no que poderá celebrar as xuntanzas e realizar a xestión desta. Este acordo terá vixencia durante dous anos.
O da mazá é un dos sectores máis importantes do concello posto que xera postos de traballo e mantén actividade económica con Estrella Galicia, unha das empresas máis importantes da comunidade.
Ademais, Ullama participa na actividade sidreira da Estrada e este ano prevé recoller 450 toneladas de mazás.

Deixar un comentario