O fume de Portugal chega á Estrada

O fume de Portugal chega á Estrada

O norte e o centro de Portugal está sufrindo estes días unha vaga de incendios forestais, ata o punto de decretar o estado de calamidade nos concellos afectados. Desde o domingo xa arderon máis de 106.000 hectáreas, a segunda cifra máis alta na última década, só por detrás da vaga de 2017. A isto hai que sumarlle 5 falecidos e máis dun cento de feridos.

O fume deses incendios fíxose visible durante toda a xornada en boa parte de Galicia, incluíndo á Estrada. A intensidade foise reducindo co paso das horas, pero segundo as previsións do Copernicus, volverá a estar presente na xornada deste xoves.

Todo apunta a que a situación comezará a mellorar nos incendios lusos coa chegada das chuvias e do descenso das temperaturas, polo que poderían extinguirse os grandes incendios, nos que arderon grandes cantidades de piñeiros e eucaliptos.


Imaxe de portada: o fume, a primeira hora da tarde // O Xornal da Estrada

Comentarios

Deixar un comentario