A 7ª xornada do circuíto Liga Xunta de Galicia de Break Dance celebraráse este sábado na Estrada. A competición, que terá lugar na Praza do Concello, comezará ás 16.00h e rematará ás 21.00h. Neste circuíto participan 100 competidores de 3 categorías diferentes. En caso de chuvia trasladaráse ao CEIP Pérez Viondi.
Ademais, de 12.30 a 13.30h haberá un taller de Breaking para o que non é necesario inscribirse previamente. O único requisito será ter máis de sete anos.
Imaxe de portada: Break Dance // cedida


Deixar un comentario