A Concellería de Sanidade organiza un taller de marcha nórdica. Constará de oito sesións que se celebrarán os sábados de 10.00 a 12.00h, sendo a primeira o 28 de setembro.
Para poder participar nesta actividade ao aire libre será necesario enviar un correo a sanidadeeturismo@aestrada.gal indicando o nome e os apelidos, a data de nacemento, a súa dirección, o seu DNI e un teléfono de contacto ou chamando ao 986677702 entre as 8.00h e as 15.00h. O prazo de inscrición rematará o xoves 26.


Deixar un comentario