Están os políticos a favor de cambiarlle o nome á Praza de Galicia?

Están os políticos a favor de cambiarlle o nome á Praza de Galicia?

Oficialmente chámase Praza de Galicia, pero os estradenses coñécena como Praza da Farola (ou A Farola). Por iso, preguntámoslle a Gonzalo Louzao (PP), Luis López (PSOE), Xoán Reices (BNG) e Mar Blanco (Móvete) se estarían a favor de facer o nome popular oficial.

As respostas poderánas coñecer este domingo a partir das 19.00h, momento no que se publicará na nosa canle de YouTube a reportaxe A Farola, máis que unha farola.

Nela coñeceremos o pasado deste emblemático espazo, escoitaremos aos citados líderes políticos falar do seu presente e futuro e coñeceremos outro farol icónico que tivo A Estrada e que non estivo na Farola. E todo en 15 minutos.

Comentarios

Deixar un comentario