Este venres presentouse o proxecto de peonalización da Farola. Nel inclúese o cambio de ubicación do icónico farol, que pasará a estar nunha illeta entre as rúas 56 e San Paio.
Mar Blanco, voceira de Móvete, asegurou que desde a súa formación están “a favor en canto a que mellore a imaxe da vila e a mobilidade” pero que non entenden o cambio de ubicación do farol: “non aporta ningunha mellora e o único que fai e encarecer a obra”. Isto, afirmou, “fai que A Estrada perda identidade”.
“Cremos que este goberno só está para intentar facer obras faraónicas con cartos públicos en vez de xestionar e, con menos recursos, facer máis”, comentou. Mostrouse decepcionada coa xestión económica de Louzao porque pensaba que ía ser “máis eficiente”. Engadiu que o goberno local “deixa manga ancha para que as empresas diseñen a vila sen ter en conta os símbolos”.
Imaxe de portada: Praza de Galicia (A Farola) // O Xornal da Estrada


Deixar un comentario