Este venres presentábase o proxecto de peonalización da Praza da Farola. O voceiro do BNG, Xoán Reices, afirmou que “o proxecto escollido polo PP non só relega a unha esquina a mítica farola, senón que reubica entre a Rúa 56 e a Rúa San Paio, ao lado da escultura dos cabalos de Vilaverde”.
Asegura que Louzao “mentiu” ao asegurar que terá protagonismo noutro punto da praza e que o PP leva a cabo unha “política ‘Terminator’” para “facer da Estrada unha vila sen alma”.
Ademais pediulle a Louzao que rectifique: “a Farola ten que ocupar o lugar céntrico que ocupa na praza, así como o resto que circunda a praza, hai cousas máis importantes nas que gastar un millón e medio de euros; de feito, esta semana o noso concello recibiu unha nova multa de 3,200 euros de Augas de Galiza polos vertidos dos sumidoiros”.
Imaxe de portada: Praza da Farola // O Xornal da Estrada


Deixar un comentario