Solicitan melloras no parque canino

Solicitan melloras no parque canino

Ao parque canino da Estrada fanlle falta melloras e unha ampliación, denuncian os usuarios. Tal e como comentan, existen fochancas nas que “os animais poden lastimar as súas patas”.

Afirman que falta céspede, puntos de luz, papeleiras, expendedores de bolsas, unha baranda na rampa de acceso e melloras nela porque coas chuvias inúndase a zona de entrada e o parque. Ademais, sería necesario ampliar a marquesina.

Por outra banda, piden que se creen máis espazos destinados aos animais – na Estrada só existe o parque canino para o que demandan melloras – e que se potencie o uso destes espazos.

Comentarios

Deixar un comentario