Este martes abre o prazo para inscribirse nun campamento dixital no que os rapaces e rapazas de 9 a 17 anos poderánse formar en competencias dixitais. Este campamento, promovido pola concellería de Xuventude, terá lugar na aula Cemit da Fundación Cultural da Estrada.
En total serán 30 horas de formación por alumno, repartidas en dúas sesións semanais, cada unha de dúas horas de duración. O alumnado de 9 a 13 anos acudirán os luns e os mércores e, o de 14 a 17 anos, os martes e os xoves. Todas as sesións serán de 17.00 a 19.00h e non haberá que pagar.
O curso comezará o 14 de outubro para o primeiro grupo e o 15 para o segundo, aínda que se manterá durante todo o curso escolar, podendo anotarse máis tarde. Ao remate deste, os participantes recibirán un certificado DigComp de aproveitamento.
A inscrición faráse a tavés do correo aedl@estrada.gal.

Deixar un comentario