Aitor deixará chuvias e refachos de vento intensos

Aitor deixará chuvias e refachos de vento intensos

O paso da borrasca Aitor por Galicia vainos deixar fortes chuvias e refachos de vento. Por iso, a AEMET activou varios avisos por estes fenómenos para as xornadas do mércores e do xoves.

Serán horas de abuntantes precipitacións e, por iso, o organismo activou un aviso laranxa por acumulados en 12 horas, onde se poden alcanzar os 80mm desde as 9.00h deste mércores ata ás 9.00h do xoves.

Entre as 15.00h do mércores ata ás 9.00h do xoves tamén estará activo un aviso amarelo por acumulados de ata 15mm nunha hora.

Este mércores, tamén ás 15.00h, activaráse un aviso amarelo por refachos de vento de ata 80km/h. Desactivaráse ás 15.00h do xoves.

  • Chuvia en 12h (80mm): 9.00h do mércores ás 9.00h do xoves.
  • Chuvia nunha hora (15mm): 15.00h do mércores ás 9.00h do xoves.
  • Vento (80km/h): 15.00h do mércores ás 15.00h do xoves.

Pode manterse informado da previsión meteorolóxica a través das nosas historias en Facebook e Instagram e das nosas canles de Telegram e WhatsApp.

Comentarios

Deixar un comentario