Na mañá deste martes os servizos de emerxencias tiveron que trasladarse ata unha vivenda de Moreira por un incendio nunha pota ao lume. A persoa que se atopaba na vivenda non respondía e tivo que ser atendida. Ata alí, ademais de Emerxencias A Estrada, desprazáronse efectivos da Garda Civil e da Policía Local.
Ademais, este martes tamén tiveron que atender un accidente no Pedregal, uns cables colgados en Ouzande e retirar dúas árbores, unha en Orazo e outra en San Andrés de Vea.


Deixar un comentario