López Bueno valora positivamente o millón de euros que recibiu o Concello do Estado

López Bueno valora positivamente o millón de euros que recibiu o Concello do Estado

Pide que “se devolva o IBI ao 0,4”

Luis López Bueno, voceiro do PSOE da Estrada, mostrouse “moi satisfeito” polo millón de euros que recibirá o Concello do Estado en concepto de Participación nos Ingresos do Estado, aumentando o ingresado nun 25%.

Asegurou que estas licitacións “serán aínda máis importantes nos vindeiros anos” e que se deberían empregar para “pagar as incontables facturas que ten pendentes” o Concello, pois pódense empregar para investimentos e gastos correntes.

Segundo o socialista, “agora mesmo, A Estrada ten 7 millóns de euros na caixa”, polo que cre que se debería “devolver o IBI ao 0,4”, pois a suba anunciouse co gallo de “recaudar 600.000 máis para pagar os servizos públicos”, sendo reversible coa mellora da situación económica. Por iso, afirmou, “se Gonzalo [Louzao] non o fai é porque non quere, non porque non poida”.


Imaxe de portada: Concello da Estrada // O Xornal da Estrada

Comentarios

Deixar un comentario