A borrasca Aitor deixou chuvias intensas este mércores na Estrada. Segundo os datos da AEMET, ata ás 23.00h rexistráronse 90,4mm, destacando varias horas nas que precipitaron máis de 10mm. De maior a menor, as horas máis chuviosas foron: de 19.00 a 20.00h (15,2mm), de 15.00 a 16.00h (13,6mm) e de 18.00 a 19.00h (12mm).
Este xoves manterémonos baixo os efectos da borrasca. Ata as 9.00h estarán activos os avisos por chuvia en 1 e 12 horas e, ata ás 15.00h, polos refachos de vento.


Deixar un comentario