Incautan pequenas cantidades de droga nunha operación da Garda Civil

Incautan pequenas cantidades de droga nunha operación da Garda Civil

A Estrada viviu unha nova operación contra o tráfico de drogas. Este xoves a Garda Civil detivo a un home e, pouco despois, realizaron un rexistro nunha vivenda da Avenida de Santiago. Os axentes incautaron pequenas cantidades de cocaína e marihuana.

O operativo trasladábase á Rúa Calvo Sotelo, onde os axentes rexistraban unha cafetería, sen incautarse nada.


Imaxe de portada: edificio no que se levou a cabo o rexistro // O Xornal da Estrada

Comentarios

Deixar un comentario