Reices asegura que as multas de Augas de Galicia son “un problema de preguiza do goberno local”

Reices asegura que as multas de Augas de Galicia son “un problema de preguiza do goberno local”

O Concello da Estrada recibiu unha nova sanción de Augas de Galicia por vertidos ao río. O total da multa asecendeu a 3200 euros, aínda que, como lembrou Xoán Reices, nalgunha ocasión chegou a ser de 7500 euros. O voceiro do BNG lamentou que este ano xa se pagasen 15.000 euros por sancións e asegurou que “non só é un problema medioambiental nin económico, é un problema de preguiza do goberno local. Non se fai ningún tipo de mantemento das arquetas e sumidoiros e despois xa se pagarán as multas, unha política que nos sae cara”.

Lembrou que a principios de setembro produciuse outra vertedura, afectando á praia fluvial. Pese a que solicitaron no pleno as análises, afirmou, aínda non as recibiron: “é unha estratexia habitual do alcalde cando pedimos información delicada, non responder e deixar pasar o tempo. Pero nós non nos esquecemos”.

Comentarios

Deixar un comentario