Na madrugada deste sábado rompeu unha tubaxe na Terceira Travesía de América, deixando a varios veciños sen subministro de auga. Ao longo da mañá desprazáronse os operarios municipais para subsanar esta incidencia.
Non é a primeira vez que rompe unha tubaxe nesta rúa. De feito, esta é a quinta vez que publicamos neste medio unha noticia falando diso, sendo o problema aínda máis antigo.
Imaxe de portada: Auga saíndo da tubaxe rota // cedida


Deixar un comentario