Este domingo o BNG estreou a súa nova sede, que se atopa na Rúa Pérez Viondi. Xoán Reices comentou que era un cambio necesario: “temos baño, a pintura non cae a cachos, dous pisos, un dúplex”. Desexou que “sexa o local no que celebremos a alcaldía e a Xunta de Galicia, cando sexa vicepresidenta Ariadna [Fernández]” e agradeceu a asistencia e o traballo levado a cabo.
Pola súa parte, Ariadna Fernández, deputada no Parlamento de Galicia, reafirmou que o cambio de local era necesario. Afirmou que, “como estamos nunha comarca moi complicada”, “podemos tomalo con dous puntos de vista: ‘estamos nunha comarca moi complicada e isto non hai quen o arregle’ ou ‘estamos nunha comarca moi complicada, temos moitísimo marxe de mellora, máis que nas comarcas que son doadas’”, decantándose pola segunda opción.
Imaxe de portada: Inauguración do novo local do BNG // O Xornal da Estrada


Deixar un comentario