Quere reactivar o proxecto na Estrada
O empresario Juan Luque levou aos tribunais a dúas persoas da fundación que preside, Olidís, por intentar roubarlle o proxecto, que constaba dunha fábrica de biodiésel feitos con aceite usado e doutra planta experimental de elaboración de cosméticos a partir de biodiésel, auga mariña e algas.
Luque denunciou que o estradense Orlando Villamayo, director da fundación, e Juan Carlos Piñeiro, secretario xeral natual de San Cibrao, foron sumando ao proxecto empresas próximas a eles e que, a posteriori, ameazárono con que, no caso de non abandonar a presidencia, recibiría inspeccións e vería “pechadas todas as portas da Xunta” en materia de financiación. Ademais, asegura, empregaron a súa firma electrónica sen o seu consentimento.
Pola súa banda, Juan Carlos Piñeiro asegurou estar disposto a declarar despois de que a maxistrada ordeara poñelo a disposición do xulgado o 17 de outubro porque non prestara declaración as dúas veces que fora citado anteriormente. Segundo el, existen denuncias contra o empresario catalán pola súa xestión.
Olidís instalaráse na Estrada
A intención de Luque é retomar os proxectos. Agora, a planta de biodiésel e a de cosméticos instalaríanse na Estrada. Cabe recordar que esta última estaba previsto instalala en Cervo.


Deixar un comentario