O PSOE considera “pouco representativa” a elección dos alcaldes de barrio

O PSOE considera “pouco representativa” a elección dos alcaldes de barrio

Amalia Lago e Belén López, concelleiras do PSOE da Estrada, criticaron a elección dos alcaldes de barrio porque só 7 deles son mulleres.

Lago considerou que é “unha elección pouco representativa da sociedade da Estrada” porque “somos máis mulleres que homes na Estrada”. Afirmou que “Gonzalo Louzao non se debeu esforzar moito por atopar mulleres válidas nas parroquias, porque habelas hailas“.

Lamentou que o alcalde “non queira darlle participación ás mulleres na política local” e advertiu aos alcaldes de barrio de que “Gonzalo Louzao vainos tratar como soldados da alcaldía que lle deben explicar as escusas de mal pagador que poñen cando incumpren as súas promesas, a xa o irán vendo nos vindeiros meses”.

Pola súa parte, López asegurou que “Gonzalo Louzao non quere mulleres en cargos políticos” e que “non nomean alcaldesas de barrio pero montarán unha chocolatada para dicirlles ás mulleres que son moi bravas. Penso que non é suficiente”.

Reparto das alcaldías de barrio

13,7%: mulleres
86,3%: homes

Imaxe de portada: alcaldes de barrio // O Xornal da Estrada

Comentarios

Deixar un comentario