O BNG lamenta que o Concello apenas lles ofreza información

O BNG lamenta que o Concello apenas lles ofreza información

O apartado económico tivo un gran protagonismo este xoves no pleno do Concello. Xoán Reices, voceiro do BNG, asegurou que votaron a favor da anulación do crédito destinado ao pago da factura da luz porque “é a todas luces beneficioso para o Concello”. Nos demais cambios no orzamento abstivéronse porque “se ben é o Concello o que ten que ver como redistribúe os cartos, tamén é certo que, coma sempre, se nos deu pouca información”.

Tamén se votou un convenio marco co Concello de Cuntis que, pese a que o apoiaron, “temos poucas esperanzas de que revirta nun beneficio real para o noso concello”.

Pedíronlle, igual que o resto da oposición, que se manteña na ubicación actual. Ademais, volvéronlle a recriminar ao goberno local que aínda non lles entregaron a documentación requerida, posto que levan seis meses agardando pola lista de agarda do SAF.

Comentarios

Deixar un comentario