Móvete propón a creación dun Plan de Mantemento do Patrimonio

Móvete propón a creación dun Plan de Mantemento do Patrimonio

Mar Blanco, voceira de Móvete, plantexou no pleno deste xoves a posibilidade de realizar un “Plan de Mantemento e Recuperación do Patrimonio Estradense” co que se rehabiliten “elementos arquitectónicos, etnográficos e arqueolóxicos e de áreas recreativas naturais” do concello.

Pediu que, nos vindeiros presupostos, apareza recollida a conservación do patrimonio. “É unha irresponsabilidade que o Concello da Estrada de maneira sistemática ignore o patrimonio nos orzamentos locais e incluso desaproveite a posibilidade de pedir axudas a outras administracións para coidar o patrimonio, comos as previstas na Deputación”, asegurou.

Tamén cuestionaron ao alcalde sobre o Museo Reimóndez Portela que, segundo Louzao, “segue sendo unha prioridade para este goberno”. Desde a formación estradense consideran que “continuamos sen recibir unha resposta clara”, algo provocado pola “nula importancia que o goberno local lle da ao patrimonio e cultura local e galega”.

Comentarios

Deixar un comentario