O paso dos restos do furacán Kirk, agora convertido nunha potente borrasca, polas proximidades do litoral galego deixará entre hoxe e mañá importantes refachos de vento e chuvias. O peor será na primeira metade do mércores e, por iso, a Axencia Estatal de Meteoroloxía activou para ese momento tres avisos laranxas: dous por chuvias e outro por vento.
No relacionado coas chuvias, entre a medianoite e as 16.00h pódense producir episodios cos que se acumulen ata 30mm nunha hora e 80mm en 12.
Polo vento estará activo un aviso amarelo ata as 8.00h porque os refachos poderán alcanzar os 70km/h e, entre as 8.00 e as 14.00h, o aviso será laranxa porque os refachos poderán chegar aos 100km/h.

Deixar un comentario