Reices denuncia que os novos sinais das rúas teñen os nomes deturpados

Reices denuncia que os novos sinais das rúas teñen os nomes deturpados

Desde hai varias semanas nas rúas da Estrada estánse instalando os novos sinais cos nomes das rúas. Xoán Reices, voceiro do BNG, denunciou que, nalgúns casos, teñen o topónimo deturpado. Comenta que, a Avenida Ponteareas aparece rotulada como “avda. Puenteareas” e, na Rúa Fermín Bouza Brei, mudou o i latino final por un i grego.

Por iso, “instamos ao goberno municipal a rectificar a a corrixir os sinais instalados na vila” e desexa “que o fagan, porque no rural aínda hoxe hai pendentes de colocar ou recolocar algúns sinais que esta mal, aínda que por outros motivos”. Ademais, pide que se coloquen “ben os sinais para que os veciños e veciñas entendan en que rúa están, porque tamén temos constancia que queixas veciñais neste sentido”.


Imaxe de portada: Sinal da Avenida Ponteareas // BNG da Estrada

Comentarios

Deixar un comentario