Este venres o IGE actualizaba as cifras de poboación galegofalante, que indican que os máis novos apenas falan en galego. Entre os rapaces e rapazas de 5 a 14 anos de Galicia, só o 7% fala nesta lingua sempre. Na provincia de Pontevedra aínda é máis crítico: esta cifra apenas chega ao 2%.
Se a estes datos lles sumamos os que falan máis en galego ca en castelán, non son moito máis alentadoras: 13,2% en Galicia e 11,6% en Pontevedra. Entre os mozos e mozas de 15 a 29 anos sube ao 28,2% e ao 17,38%, respectivamente.
Situación máis esperanzadora mostrou O Xornal da Estrada en xuño cunha enquisa en dous institutos da Estrada. Os resultados mostraban que o 19% falaba sempre ou case sempre en galego e, un 13,2%, máis en galego ca en castelán.
De feito, a porcentaxe de mozos e mozas que falaban só en castelán, era considerablemente inferior á mostrada polo IGE (27,2% na Estrada, en Galicia e en Pontevedra vai do 43% ao 57,2%).
0 79,8% dos residentes nas comarcas de Deza e Tabeirós fai un uso superior do galego fronte ao castelán. Mentras, na provincia de Pontevedra non chega ao 37% e, en Galicia, ao 50%
Imaxe de portada: montaxe do IES Avelina Valladares cos resultados da enquisa do Xornal da Estrada // O Xornal da Estrada


Deixar un comentario