Luis López Bueno, voceiro do PSOE da Estrada, anunciou que o seu partido vai levar a cabo unha recollida de firmas para pedir que a farola da Farola continúe na mesma ubicación. Faráse nos establecementos que desexen participar. Ademais, o vindeiro sábado haberá unha concentración ás 11.30h na Farola.
“Vai ser un día moi importante na historia da nosa vila, que ninguén o dubide”
Luis López Bueno, voceiro do PSOE da Estrada
Isto débese, comenta o socialista, a que “non vin a Gonzalo Louzao pola labor de modificar o proxecto” polo que “non imos permitir que os caprichos do alcalde pesen máis que o desexo dos veciños e veciñas”.
Explicou que “esta campaña pretende vertebrar as inquedanzas de moitos veciños e veciñas” e demostrarlle ao alcalde “que se equivoca” e que debe manter o icónico farol na súa ubicación actual: “Non imos poñer sinxelo que movan a farola de sitio e para iso necesitamos a axuda dos veciños e veciñas”.

Imaxe de portada: Praza da Farola // O Xornal da Estrada

Deixar un comentario