95 persoas firman en pouco máis de 24 horas unha petición en change.org contra o desprazamento da farola

95 persoas firman en pouco máis de 24 horas unha petición en change.org contra o desprazamento da farola

A Estrada mobilízase contra o cambio de ubicación da farola da Farola. Ademais da recollida de firmas nos establecementos comercias iniciada polo PSOE, este domingo comezou outra en change.org na que, en pouco máis de 24 horas, conseguiu 94 firmas, 86 delas este luns.

A persoa que a iniciou afirmou que “a súa posible deslocalización podería causar unha perda significativa para todos nós que consideramos este sitio como parte da nosa casa” e que “os estudos demostran que elementos culturais e históricos como este contribúen ao benestar emocional e comunitario dos residentes (Fonte: Departamento de Patrimonio Cultural)” e ese cambio de ubicación “podería romper a conexión que temos estabelecido”.


Imaxe de portada: Praza da Farola // O Xornal da Estrada

Comentarios

Deixar un comentario