O paso da borrasca ex-Kirk polo concello deixou numerosas incidencias, a maioría relacionada con árbores caídas. Xoán Reices, voceiro do BNG, afirmou que “segue a haber marquesiñas esnaquizadas, pólas caídas ou uralitas espalladas en múltiples lugares do concello” e lamentou que o goberno municipal non fixera algunha acción preventiva.
Asegurou que as ramas que quedaron danadas na carballeira “ameazan con caer e son un risco para calquera que pase por aí” e pediu unha actuación para que sexa un espazo seguro.
Propuxo facer leña con elas e que se sortee entre a veciñanza. “A ver se co incentivo de poder conseguir leña gratis Gonzalo fai o seu traballo”, ironizou.
Imaxe de portada: Ramas caídas na carballeira // BNG


Deixar un comentario