López Bueno: “Votar en contra dun proxecto que cumpre os pregos é prevaricación”

López Bueno: “Votar en contra dun proxecto que cumpre os pregos é prevaricación”

Luis López Bueno, voceiro do PSOE da Estrada, reiterou que desde a súa formación mantivéronse na mesma posición sobre a ubicación da farola: mantela onde está.

Ademais, respecto ás acusacións de Louzao porque López Bueno votou a favor do proxecto, asegurou que “hai que ser moi burro para votar en contra dun proxecto que cumpre cos pregos técnicos e que cumpre cos pregos administrativos. Polo tanto, votar en contra sería, incluso, prevaricación”.

Comentou que o que se poden facer cambios no proxecto, “os técnicos dixeron iso na mesa de contratación e é o que estamos pedindo desde o grupo municipal socialista: que a farola quede no seu sitio e que non se vaia para o lado da estatua dos cabalos nin para a rúa do Copión”.

Concentración na Farola

Este sábado ás 11.30h haberá unha concentración na Farola para pedir que o icónico farol permaneza na súa ubicación actual. Ademais, estáse levando a cabo unha recollida de firmas nos establecementos da Estrada.


Imaxe de portada: Luis López Bueno na Farola // O Xornal da Estrada

Comentarios

Deixar un comentario