O BNG apoia a manifestación deste sábado
Xoán Reices, voceiro do BNG, reiterou a súa oposición á peonalización da Farola e asegurou que a postura do seu partido reforzouse tras ver o proxecto definitivo. Ademais de porque se cambia o emblemático farol á illeta na que se atopa a estatua da Rapa das Bestas, porque cren que vai poñer en risco aos peóns.
“Seguirá tendo o mesmo tráfico que ten agora, nos dous sentidos da circulación, o que engade un elemento de risco para os veciños e veciñas, xa que sitúa na mesma plataforma peóns e vehículos”, asegurou e engadiu que “percíbese o risco nunha rúa con coches circulando nos dous sentidos, sen sinalización vertical ou horizontal que indique aos condutores a prioridade de paso peonil nese treito”.
Na súa opinión, isto merece “un estudo pormenorizado e pausado” para comprobar se é necesario engadir “sinais de seguranza vial ou cambios de circulación que pensamos nestes momento non están contemplados”.
Amais, afirmou botar en falta “algunha zona de parada temporal de vehículos para que facer algún tipo de xestión rápida”.
Por último mostrou o seu apoio á concentración veciñal do vindeiro sábado ás 11.30h contra o cambio de ubicación do icónico farol, á que asegurou que se sumará.
“Pídolle ao alcalde que non engane aos veciños e veciñas, levar a farola para a Rúa 56 e a Rúa San Paio non é mantela na Praza da Farola”
Xoán Reices, voceiro do BNG
Imaxe de portada: Proxecto de peonalización da Farola // cedida


Deixar un comentario