Día da Muller Rural: Louzao e Gómez destacan a importancia do sector primario

Día da Muller Rural: Louzao e Gómez destacan a importancia do sector primario

Nunha xuntanza analizáronse os problemas das mulleres do rural

Este martes celebrouse o Día Internacional da Muller Rural. Pola mañá, a conselleira de Medio Rural, María José Gómez, visitou as fincas nas que se cultivan as mazás da sidra da Cooperativa Maestra e da Sidraría Peroja. Á tarde, celebrouse unha xuntanza-coloquio coas asociacións de mulleres do concello.

Durante a visita, a conselleira estivo acompañada por Gonzalo Louzao, alcalde da Estrada, e Martín Alemparte, director da Axencia Galega da Calidade Alimentaria, e coñeceron a plantación de Mónica Brey, pioneira en introducir o traballo mecanizado na recollida de froito.

A Cooperativa Maestra conta con 62 hectáreas de superficie nas que se producen uns 700.000 quilos de mazás. A conselleira considerouno “un bo exemplo” do rural galego, caracterizado pola súa amplitude e diversidade “no que a innovación e a tradición atopan un punto común” no sector primario.

Tamén considerou á Estrada unha “potencia na produción de sidra en Galicia” grazas ás máis de 100 hectáreas de maceiras das que se recollen 1,5 toneladas de mazás para este fin.

Pola súa banda, Gonzalo Louzao puxo de manifesto a importancia dos sectores primarios rurais, “que dende as administracions debemos coñecer de primeira man” para “escoitar aos profesionais e intentar facilitar as necesidades que nos transmiten”, coma no caso de Mónica.

Ademais, agradeceu que a conselleira de Medio Rural se comprometera a solventar as necesidade duns sectores punteiros coma o da mazá ecolóxica e o da elaboración de sida, que se atopan á alza na Estrada.

Xuntanza polo Día da Muller Rural // cedida

Na xuntanza-coloquio coas asociacións de mulleres avaliáronse posibles necesidades actuais e futuras da muller na contorna rural. Este acto organizouno a concellería de Medio Ambiente e Asociacionismo Rural e nel interviron Eva Tarrío, traballadora do sector forestal, e Marisé García, dinamizadora do sector rural.


Imaxe de portada: María José Gómez e Gonzalo Louzao durante a visita // Consellería de Medio Rural

Comentarios

Deixar un comentario