A Estación denuncia os problemas estruturais da Estación de Autobuses

A Estación denuncia os problemas estruturais da Estación de Autobuses

Piden que se recoñeza a importancia do colectivo xuvenil

O Centro Xuvenil A Estación denunciou o estado no que se atopa a antiga Estación de Autobuses, edificio que empregan para realizar as súas actividades. A estrutura conta con varios problemas estruturais coma falsos teitos derrubados, filtracións de auga debidas ao deterioro da rúa ou problemas eléctricos.

Os usuarios deste espazo temen rematar perdéndoo polos problemas estruturais e por non ter algunha financiación por non ser un Centro Xuvenil recoñecido de forma oficial. Por iso, lanzaron unha recollida de firmas en Change.org para demostrar ás institucións a súa importancia.

A Estación creárona Annie e Alonso hai dez anos para que a xuventude estradense tivera opcións de ocio saudable. Dentro do colectivo existen varias asociacións adicadas ao voluntariado, ás artes plásticas ou aos xogos e son os encargados de organizar o XFest, Atacamos polo Nadal ou a Noite de Xogos. Ademais, están inmersos no proxecto Bolboretas, co buscan mellorar o pobo con diversas accións sociais.


Imaxe de portada: Estado da Estación // cedida

Comentarios

Unha resposta a “A Estación denuncia os problemas estruturais da Estación de Autobuses”

  1. Avatar de López Bueno cre que é “irrenunciable” pedir os fondos ITE – O Xornal da Estrada

    […] o aparcadoiro para os camións, a reforma da Estación de Autobuses – que actualmente ten graves problemas estruturais -, o antigo edificio do Inem e os edificios xudiciais, que quedarán baleiros o vindeiro […]

    Gústame

Deixar un comentario