Este sábado ás 11.30h terá lugar na Praza da Farola unha concentración contra o traslado da emblemática farola. Baixo o lema A Farola no seu sitio, pediráse que este elemento permaneza na súa ubicación actual ao peonalizarse a praza.
O PSOE, partido que a convoca, tamén está levando a cabo unha recollida de firmas nos diferentes establecementos da localidade e a través da plataforma Change.org.
Imaxe de portada: Praza da Farola // O Xornal da Estrada

Deixar un comentario