Algunhas rúas terán novo nome… 18 anos despois de aprobarse o cambio

Algunhas rúas terán novo nome… 18 anos despois de aprobarse o cambio

No 2006 o pleno do Concello aprobaba o cambio na nomenclatura dalgunhas rúas. Dito cambio nunca se chegou a facer oficial, como moito colocouse un cartel co novo nome.

Agora, 18 anos despois, ese cambio volve a saír á luz co cambio dos sinais das rúas. Nas que se aprobou a modificación estánse colocando letreiros co nome modificado e non co que aínda é oficial.

As rúas serán: Capital Bernal (pasará a ser parte da Avenida de América), a Praza Martínez Anido (o seu nome será Praza do Mercado), Rúa 35 (Virxinia Pereira), Rúa 24 (Rúa Catro Camiños), Estrada a Vinseiro (Rúa A Costa), segunda travesía de Fernando Conde (Rúa Pozo do Barro), Rúa T (Rúa de Ramos), terceira Travesía de América (Rúa Pintor Maside), Rúas das Piscinas (Rúas das Ciencias) e a parte posterior da residencia de maiores (Ruela da Fonte).

Este cambio aínda non se fará oficial: segundo confirmou Gonzalo Louzao a este medio, é algo que “se vai tramitar co INE”, pero que tardará varios meses porque “son procesos que teñen varios pasos”. Polo momento, o nome deses espazos continuará sendo o actual.


Imaxe de portada: Sinal cun dos novos nomes // O Xornal da Estrada

Comentarios

Deixar un comentario