López Bueno: “Era mellor comparar a Farola cun piar que sostén a identidade dunha vila”

López Bueno: “Era mellor comparar a Farola cun piar que sostén a identidade dunha vila”

Luis López Bueno, voceiro do PSOE, valourou como “profundamente equivocadas” as explicacións da enxeñeira Trinidad López sobre o proxecto de peonalización da Farola.

O socialista asegurou que ela é “unha vítima da cobardía de Gonzalo Louzao, que nin sequera foi capaz de sentarse na rolda de prensa que el mesmo convocou” e acusou ao mandatario de esconderse “detrás da enxeñeira”. Destacou que Amalia Goldar aínda non se pronunciara sobre o proxecto cando “depende directamente da súa área de goberno”.

Considera que algunhas das explicacións dadas por López “rozan o ridículo”, poñendo como exemplo o uso para verbenas e a comparación cun piar dun salón empregada para exemplificar a necesidade de trasladala. “Era mellor comparar a Farola cun piar que sostén a identidade dunha vila”, asegurou.

Indicou que para el, a opinión que importa é a “dos que vivimos aquí” porque somos os que “imos usar a praza”. Valorou que Louzao “debería ser consciente de que nesa praza hai un elemento distintivo dende hai 184 anos e que el pretende ser o responsable de eliminalo sen ningún apoio” e asegurou que “está a tempo de rectificar” antes de “pasar á historia como un inconsciente”.

“Dicíase medio en broma pero ao final é certo, quítase a Farola para que colla o escenario das orquestas. Non ten sentido ningún, levamos décadas facendo eventos alí e nunca houbo ningún problema”

Luis López Bueno, PSOE

Mostrouse sorprendido polas declaracións de que “a Farola estorba” e indicou que el vea “como un símbolo”.

Concentración ás 11.30h

Sobre a concentración que o seu partido convocou para este sábado ás 11.30h na Farola, anunciou que “é un movemento transversal que pide manter a Farola no entorno da Praza, máis nada” e chamou á participación por ser “un momento histórico”.


Imaxe de portada: Luis López Bueno na Farola // O Xornal da Estrada

Comentarios

Deixar un comentario