Xoán Reices, voceiro do BNG, asegurou que Gonzalo Louzao é “quen ten que dar a cara diante dos veciños e veciñas para explicar o proxecto de reforma da Praza da Farola”.
Sobre as declaracións da enxeñeira encargada do proxecto, afirmou que “non temos nada que engadir”, pero que confirmou “o que todo o mundo sabe”: o traslado da farola débese “a uns pregos aprobados polo goberno do PP”.
Asegurou que Louzao “agóchase covardemente detrás doutra persoa para non dar a cara diante dos veciños e veciñas por unha reforma que non convence a ninguén, nin sequera aos votantes do PP” e que o cambio de ubicación débese a que “a farola molesta”.
Ademais, fixo un chamamento á participación na concentración deste sábado ás 11.30h na Praza da Farola porque “isto é un atentando contra a nosa memoria colectiva e contra a nosa tradición e non o podemos deixar pasar”.
Imaxe de portada: Xoán Reices na Praza da Farola // O Xornal da Estrada


Deixar un comentario