Este venres A Estrada foi escenario dun simulacro de busca dunha persoa desaparecida cun dron. Alí estiveron presentes Gonzalo Louzao, alcalde do concello, Diego Calvo, conselleiro de Presidencia, Xustiza e Deportes, e Marcos Araújo, xerente da Axencia Galega de Emerxencias (Axega).
O conselleiro explicou que con este sistema buscase mellorar a eficacia na prevención e nos operativos de desaparicións involuntarias, especialmente no caso das persoas maiores.
O sistema presentado permite buscar e localizar aos desaparecidos grazas á comunicación do dron cun localizador nun reloxo, un detector de teléfonos móbiles ou analizando o vídeo das cámaras integradas nos vehículos non tripulados. Os servizos de emerxecias poderán recibir avisos, reducindo así o tempo de resposta.
Ademais, avanzou que está prevista a finalización das obras do edificio xudicial na primeira metade de 2025. Nel investíronse máis de 3,2 millóns de euros.
Imaxe de portada: Simulacro de busca // Xunta de Galicia

Deixar un comentario