Este sábado o MOME acolleu un acto no que o BNG presentou o seu modelo de financiamento para Galicia. Nel estiveron presentes Xoán Reices, voceiro do partido na Estrada, e Bieito Lobeira, membro da executiva nacionalista.
Explicaron que “termos o modelo de concerto económico que propón o BNG non é unha cuestión de privilexios, senón de xustiza e igualdade” e que en 2022 adiferenza entre o aportado por Galicia a través dos impostos e o que lle tranfireu o Estado “foi de 5.344 millóns de euros. Se a conta se fai entre 2009 e 2022 a cifra supera os 59.000 M€, que supoñen practicamente case a totalidade do que representan os orzamentos da Xunta durante seis anos”
Por iso, piden un modelo similar ao que ten o País Vasco ou ao que vai ter Cataluña: “Galiza non pode ser menos”.
Imaxe de portada: Acto de presentación do modelo económico // BNG da Estrada


Deixar un comentario