O IES Castro da Uz, das Pontes de García Rodríguez, proclamouse esta sábado vencedor da I A Estrada Urban Race, unha proba na que diferentes IES de España compiten cos vehículos eléctricos que fabricaron.
Na carreira tamén participaron o Llume Yerbata (Asturias), o CIFP A Xunqueira (Pontevedra) – onde imparte clase Marcos Blanco, que foi quen conseguiu traer a proba ao concello -, o IES Vilalonga (Pontevedra), A Escola Politécnica de Enxeñaría de Ferrol, o IES O Ribeiro (Ribadavia) e o IES María Sarmiento (Viveiro).
O equipo gañador conseguiu completar 72 voltas. Seguírono o equipo asturiano con 67 e o viveirense con 63.

A dirección de carreira correu a cargo da Institution of Mechanical Engineers. Ademais, Gonzalo Louzao, alcalde da Estrada; Román Rodríguez, conselleiro de Educación, Ciencia, Universidades e FP; e José López Campos, conselleiro de Cultura, Lingua e Xuventude, desprazáronse ata a proba para coñecela de primeira man.
Imaxe de portada: A Estrada Urban Race // O Xornal da Estrada


Deixar un comentario