O BNG critica que o PP fixera “o paripé para contrarrestrar o éxito da concentración da Farola”

O BNG critica que o PP fixera “o paripé para contrarrestrar o éxito da concentración da Farola”

O BNG reaccionou ao anuncio feito polo PP sobre a N-640. Lamentaron que o fixeran o sábado, coincidindo coa concentración contra o traslado da Farola e que o anunciaran cando o PP “nunca fixo” algo: “Aí están as hemerotecas para recordar cando Ana Pastor en 2015 anunciou nun mitin do PP na Estrada a licitación das obras da Variante”.

“O BNG leva desde 2020 loitando para acabar co rosario de atropelos na N-640 ao seu paso pola vila” cando, denuncian, os populares”nunca amosou preocupación algunha por estes atropelos” incluso “cando había un deputado electo do PP no Congreso do noso concello”. Ademais, desde o partido comentaron que “tamén denunciamos o pésimo estado da N-640 ao seu paso polo noso concello, mais non só, xa que son moitos os veciños e veciñas que sofren as fochancas ao seu paso por Caldas de Reis, Cuntis ou Silleda”.

Por iso, cren que a rolda de prensa do PP “foi un paripé para contrarrestar o éxito ca concentración contra a eliminación da Farola da praza que lle dá nome”. Amais, anunciaron que, en caso de convocarse “unha manifestación pola Variante, o mal estado da N-640 e os atropelos, alí estará o BNG. Non teremos reparo en compartir pancarta porque consideramos que estas demandas son boas para os veciños e veciñas”.


Imaxe de portada: Asfalto da N-640 danado nas aforas da Estrada // O Xornal da Estrada

Comentarios

Deixar un comentario