O BNG levou ao Parlamento a solicitude de instalar un centro de diálese na Estrada. Fixérono a partir dunha iniciativa posta en marcha por Manuel Villanueva, veciño do municipio que recibe este tratamento e que conseguiu máis de 6.000 firmas pedindo esta instalación.
Desde a formación nacionalista, o seu voceiro Xoán Reices apunta a que se podería instalar no centro de saúde e que iso permitiría “mellorar a calidade de vida dos seus veciños e veciñas”.
Ariadna Fernández, deputada do BNG no Hórreo, anunciou que o seu partido presentou unha solicitude no Parlamento o 10 de setembro e que se presentarán “en canto sexa posible” na Comisión 5 ou no pleno do Parlamento. Asegurou que a súa instalación facilitaríalles “moito o día a día aos doentes, que evitarían perder tempo e calidade de vida nesas viaxes cara Santiago, que chegar a ocupar grande parte do seu día”.
Imaxe de portada: Centro de saúde da Estrada // O Xornal da Estrada


Deixar un comentario