O inicio das obras do segundo tramo da AG-59 será a principal inversión da Xunta na Estrada este 2025, segundo avanzou o alcalde Gonzalo Louzao. Ademais, A Estrada será dos concellos aos que a Xunta adique máis partidas nos seus Orzamentos.
En 2025 destinaránse 23,1 millóns de euros para licitar o treito que rematará no Rollo e comezar coas expropiacións para que, a finais de ano, estea en obras. O treito custará, en total, 33 millóns de euros.
O mandatario agradeceu á Xunta que aposte pola autovía porque pon “á Estrada no centro das comunicacións”. Cabe recordar que o primeiro treito, que rematará en Pontevea, xa se atopa en construción.
En educación, investiráse un millón de euros para melloras de eficiencia enerxética, para o cambio da cuberta, para a instalación dunha nova caldeira e para a construción dun ascensor no CEIP Pérez Viondi.
O novo edificio xudicial, que unificará aos xulgados nº 1 e 2 no mesmo edificio, contará con 1,4 millóns de euros.
No referente a urbanismo, confirmou que se lle vai ceder ao IGE a parcela coa que conta o Concello na zona do Mercadona. Nela está previsto que se constrúan Vivendas de Protección Oficial (PVO). Como a parcela municipal linda coa dunha Vivenda de Protección Oficial xa construída, polo que o que pideu o alcalde foi que se aproveite para construír un edificio de 4 plantas que ocupe ambas e que conte con entre 50 e 60 vivendas.
Ademais, a ampliación do Polígono de Toedo está máis preto de ser unha realidade: xa está en fase de exposición pública o informe de avaliación medioambiental, que é favorable. Esta ampliación permitirá duplicar a superficie destinada á construción de naves. Louzao desexou que “moi pronto teñamos o proxecto de urbanización”.
Grazas a estes investimentos, A Estrada situaráse como “unha envexa do resto de concellos”, segundo o alcalde. Asegurou que “Rueda aposta pola Estrada” e, para el, proba diso é o nomeamento de José López Campos como conselleiro e os fondos que destinará ao concello.
Imaxe de portada: Obras da AG-59 // O Xornal da Estrada

Deixar un comentario