O Xornal da Estrada emitirá eventos en directo

O Xornal da Estrada emitirá eventos en directo

O Xornal da Estrada continúa medrando. A mes e medio de facer o seu primeiro ano, comezará a emitir en directo pola súa canle de YouTube roldas de prensa e eventos que teñan lugar na Estrada. O primeiro directo será este sábado.

Ademais, na canle continuaránse publicando vídeos doutros eventos e de proxectos que foron nacendo ao longo dos últimos meses, como Reportaxe ou A Estrada a debate e engadiráse Hoxe no Xornal da Estrada, no que se mostran os titulares do día. Este último tamén se comparte en redes como Instagram e TikTok.

Comentarios

Deixar un comentario