López Bueno asegura que Louzao “está enredando” co centro de saúde

López Bueno asegura que Louzao “está enredando” co centro de saúde

Sospeita que “queren a propiedade para venderllo a algún promotor de vivenda e quedar cos cartos”

Luis López Bueno, voceiro do PSOE da Estrada, referiuse ás declaracións feitas polos alcades da Estrada e Lalín sobre os centros de saúde, nas que deron a entender que, no caso de pedirse nun concello catalán, aceptaríase a reversión destes. Ademais, Louzao recoñeceu a existencia dun decreto que impide que se faga.

López Bueno asegurou que o alcalde “está enredando con este tema” cando “foron incapaces de facer en 3 anos o que se pode conseguir en menos de 90 días”. Para el, o mandatario “continúa empeñado en demostrar que non ten nin idea de como conseguilo” e agardou que un vídeo que publicaron nas redes sociais llo aclare.

O socialista mostrouse preocupado porque “solta nas reunións entre administracións as mesmas barbaridades que di nas roldas de prensa” e deste xeito, “está dilapidando a credibilidade que máis ou menos tiña a institución do Concello da Estrada”.

“Empeza a haber un rumor moi forte de que o noso alcalde non sabe do que fala cando vai aos sitios, dino os seus non os nosos

Ademais, afirmou que comeza a sospeitar que a insistencia do popular pola reversión podería deberse a que “queren a propiedade para venderllo a algún promotor de vivenda e quedar cos cartos”, porque “para prestar servizos públicos serve coa cesión de uso ou coa adscrición, para dar un pelotazo urbanístico non”.

Convidouno a solicitar a cesión, lembrando que se poden facer “reformas con fondos doutras institucións”. Recordou que “somos a única forza política cun proxeco concreto para ese edificio”, propoñendo que se empregue o edificio para o Espazo Concilia, o Centro de Día, Atención Temperá ou o Banco de Alimentos.


Imaxe de portada: Antigo centro de saúde // O Xornal da Estrada

Comentarios

Deixar un comentario