A biografía do estradense Baldomero Calviño, próximamente nas librarías

A biografía do estradense Baldomero Calviño, próximamente nas librarías

Fillo dun galego e dunha lituana e artista polifacético, controvertido e peculiar. Este é Baldomero Calviño, un estradense que próximamente terá a súa biografía nas librarías grazas á nova novela do estradense José Manuel Bouzas.

A través das páxinas de Calle Cuba 759, poderemos coñecer as súas vivencias en España e en Cuba. Grazas á autenticidade das súas emocións, abriráse a porta á reflexión dobre a autenticidade, a perda, a dor, o exilio, a nostalxia e a resiliencia.

Engancharse a esta obra será fácil grazas á súa narrativa amena e coloquial e o propio lector poderá coñecer os lugares nos que se ambienta, escoitar a banda sonora do artista ou visitar a súa páxina web a través dos códigos QR e arquivos multimedia que conterá no seu interior.

A portada está deseñada por unha intelixencia artificial e foi retocada por unha deseñadora gráfica.

Calle Cuba 759 estará dispoñible nas librarías a finais do mes de novembro.

Comentarios

Deixar un comentario